Regresa a Pontevedra o Galegote Rock, da man da mellor música galega
A Concellaría de Normalización Lingüística volve a organizar o festival Galegote Rock, que este ano chega á súa terceira edición os vindeiros 24, 25 e 26 de abril. O Galegote Rock é un ciclo de concertos de bandas galegas que busca achegar a música de calidade en galego ao público habitual dos concertos ao vivo en salas comerciais, así como promocionar os grupos profesionais que cantan na nosa lingua. A programación destes días é a seguinte:
• Xoves, 24 de abril: No Pequeno Karma. Entrada de balde.
– Banda do Terror ás 22 horas.
– DJ O Xabarín de Bora (clásicos do rock, especial Xabarín) a partir das 00 horas.
• Venres, 25 de abril: Na Sala Karma. Concerto: 22.30 horas. Entrada: 4 euros.
– Machina
– Transilvanians
No Pequeno Karma. A partir das 00 horas. Entrada de balde.
– Fillo do Fiusa DJ (sesión indie-rock de bandas galegas)
• Sábado, 26 de abril. Na Sala Karma. Concerto: 22.30 horas. Entrada: 4 euros
– Frenaso no Calsonsillo
– Familia Caamagno
No Pequeno Karma. A partir das 00 horas. Entrada de balde.
– DJ Nano Vinilo (rock-indie e clásicos de bandas galegas)
Venda de entradas: O mesmo día na Sala Karma; pódense reservar en produccionsalakarma@gmail.com











