Recuperan o cadáver do tripulante ghanés do ‘Mar de Marín’
Os mergulladores da Garda Civil recuperaron na tarde deste mércores do pecio do ‘Mar de Marín’ o cadáver do tripulante de orixe ghanés, Alexander Nkeitah, segundo informan fontes de Salvamento Marítimo. O corpo atopábase na porta da ponte, segundo detallan as mesmas fontes.
O pesqueiro ‘Mar de Marín’ afundiuse o pasado 1 de abril na ría de Vigo, ao sur das illas Cíes, ao chocar co buque mercante ‘Baltic Breeze’.
Tres persoas faleceron –dous de Galicia e unha de Marrocos–, cinco dos dez tripulantes do arrastreiro foron rescatados con vida e outras dúas estaban desaparecidas. Coa localización dun deles unicamente permanece desaparecido un dos mariñeiros, natural da Comunidade galega.











