Rebordelo, Covelo e A Roca honran cunha procesión nocturna de ‘antorchas’ á Virxe da Saúde
Os veciños de Rebordelo, Covelo e A Roca, no municipio de Ponte Caldelas, honran este fin de semana á Virxe da Saúde con diversos actos festivos e relixiosos que terá na Procesión das Antorchas, que se celebrará o sábado 26 tras a Misa Solemne que comienzará ás 21 horas, o seu momento máis emotivo.
Os devotos da Virxe da Saúde salen en procesión portando “antorchas”, veas ou fachos desde o atrio da capela ata a imaxe pétrea situada a uns 200 metros do templo. Unha vez rodeada regresan ao recinto relixioso para dar por cumprida a cerimonia relixiosa.
Unha vez rematada a procesión, terá lugar o lanzamento de fogos de artificio que iluminarán o ceo da contorna da capela realizando belas composicións e estruendoso ruído para maior ensalzamiento da Virxe da Saúde.
A xornada festiva do sábado pecharase cunha verbena popular amenizada pola Orquestra Miramar e o conxunto 3.com
O domingo terá protagonismo os actos relixiosos con oficios relixiosos ás 10, 11 e 12 e Misa Solemne con procesión ás 13:30 e 18 horas. Desde primeira hora da mañá haberá pasacalles a cargo da Banda de Música de Tenorio e ás 17 horas terá lugar a actuación do grupo “Nós tamén imos”, co patrocinio do Plan Cultural do Concello de Ponte Caldelas.











