Quintela, Raúl e Chus, protagonistas no CEIP Arzúa e o CEP Ventín
Na mañá de hoxe, os xogadores do Santiago Futsal Diego Quintela, Chus e Raúl, visitaron os centros educativos de Arzúa e Ventín, para charlar cos alumnos de fútbol sala e do seu día a día no club santiagués.
O máis madrugador foi Diego Quintela, que á primeira hora da mañá visitou aos case 250 nenos do CEIP de Arzúa, a súa vila natal, onde os alumnos e alumnas recibiron con emoción ao seu paisano. O mozo xogador do Santiago Futsal, relatou aos pequenos as súas experiencias no club, así como os seus mellores momentos, os seus goles ou a súa andaina coa Selección Española. Tras unha mañá de visita polas diferentes clases, os alumnos e alumnas regalaron a Diego Quintela un balón asinado e un mural feito polos propios alumnos con fotografías do xogador.
Máis tarde, foron o porteiro Raúl e Chus quen visitaron o CEP Ventín no Concello de Ames. Máis de 150 nenos recibiron aos xogadores entre aplausos, preguntándolles curiosidades sobre a súa día a día como xogadores profesionais de fútbol sala. Os pequenos puideron gozar das experiencias de ambos os xogadores, que ao final da charla fotografáronse cos alumnos.
Os alumnos e alumnas de ambos os colexios foron convidados o partido do próximo venres no Multiusos Fontes do Sar ante Peñíscola Adegas Dunviro, onde prometeron animar a todos os xogadores do equipo.











