Protección Civil de Cambre ofrece un curso de autoprotección na vivenda a unha trintena de veciños de Sigrás
O Servizo Municipal de Emerxencias e Protección Civil de Cambre en colaboración coa Agrupación de Voluntarios de Protección Civil deron un curso de autoprotección na vivenda para máis dunha trintena de veciños de Sigrás no local social da parroquia. En concreto, os profesionais do SMEPC impartiron unha charla teórica sobre como actuar en caso dun incendio nunha vivenda. Segundo o responsable do servizo, o máis importante do curso foi dar a coñecer os pasos a seguir en caso de incendio e que cousas non se deben facer ante un lume doméstico. Tras a teoría chegou a práctica e os veciños dispuxéronse a sufocar un incendio baixo a inspección dos profesionais. Trátase dun curso que o Concello desexa realizar en varias parroquias onde ao longo do ano prodúcense estes incidentes desafortunados. “Nos lumes domésticos ás veces os veciños toman medidas que poden ser aínda máis daniñas que o propio lume, polo que é de vital importancia para a súa seguridade coñecer as pautas a seguir nestes casos”, apuntou o responsable do curso, Manuel Varela.











