publicidade hoxe

Propostas infantís en Salvaterra de Miño durante as vacacións de Semana Santa

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSalvaterra de Miño
A-
A+

O Concello de Salvaterra de Miño presenta unha alternativa diferente para Semana Santa, con actividades ao aire libre na Praza do Concello, onde todos teñen cabida.

Así o luns 14, todos os que se acheguen ata a praza poderán desfrutar de diferentes xogos, dende os que podes atopar nun circo  ata os xogos cos que xogaban os nosos pais e avós.

O martes está enfocado para os mais cativos con inchables, durante tres horas todos poderán saltar e xogar ao ritmo da música na praza do Concello.

E remátase con  mais xogos, o mércores pola tarde estará dedicado aos xogos do mundo e  aos xogos xigantes.

Se queres pasar unha tarde diferente e divertida ven a disfrutar con nos da Semana Santa en Salvaterra, para que os nenos convivan e disfruten xogando.

7 de abril de 2014 | 18:19 • Sen comentarios

Comentarios pechados.