Propostas culturais para a fin de semana en Rianxo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRianxo
A-
A+

Propostas culturais que terán lugar nesta fin de semana, organizadas ou coa colaboración da Área de Educación, Cultura e Normalización Lingüística do Concello de Rianxo:

INAUGURACIÓN DAS EXPOSICIÓNS – Centro Sociocultural/Auditorio de Rianxo – venres 11 de abril – 20.30 horas

PICASSO VISTO POR CATELO, interpretación en madeira das súas principais obras. 

Nesta exposición poden verse diferentes tallas en madeira do artista rianxeiro Vicente Iglesias Sobradelo, Catelo, nas que mostra a súa interpretación de diferentes obras de Pablo Ruíz Picasso. Un total de nove obras son as que se expoñen nesta exposición, entre outras podemos ver o Guernica ou Os bebedores de Flandes. Máis información no diptico que se envia como documento anexo.

OS PARAUGAS DA PAZ, do alumnado do CRA de Rianxo

O alumnado do CRA de Rianxo mediante paraugas pintados amósannos o traballo realizado nas aulas arredor da temática da PAZ.

As exposicións poden visitarse dende o 11 ao 26 de abril, no horario de apertura do Centro Sociocultural-Auditorio de Rianxo.

CONCERTO DA BANDA XUVENIL DA ESCOLA DE MÚSICA DE RIANXO – Centro Cultural Vicente Vidal de Leiro – domingo 13 de abril – 12.00 horas 

O concerto forma parte do Ciclo de Inverno Primavera no que a Banda Xuvenil estase achegando coa súa música ás diferentes parroquias do Concello de Rianxo

10 de abril de 2014 | 19:11 • Sen comentarios

Comentarios pechados.