Programa da Feira do Lázaro e Certame Gastronómico ‘Vila de Verín’ 2014
Durante o 05 e 06 de abril, a localidade de Verín acollerá a celebración da Feira do Lázaro e Certame Gastronómico ‘Vila de Verín’, no que se desenvolverán as seguintes actividades:
Sábado 05 de abril de 2014
–09.00 horas: IV San Lázaro Intercentros de Fútbol-8 (Complexo deportivo A Granxa).
–09.00 horas: Torneo de Tenis do Lázaro (Complexo deportivo A Granxa).
–10.00 horas: Apertura do Pavillón Feiral. Entrada gratuíta. Inauguración da Feira do Lázaro 2014.
–10.00 a 14.00 e de 16.00 a 22.00 horas: “Pequelázaro” Ludoteca -espazo infantil atendido por monitoras, xogos infantís durante todo o fin de semana- (Pavillón Feiral).
–10.00 horas: Torneo de Natación do Lázaro (Piscina Climatizada).
–10.30 horas: VII Concurso Gastronómico ‘Cigarrón de Verín” (Pavillón Feiral).
–11.30 a 14.00 horas: Obradoiro de maquillaxe infantil e tarxetas (Pavillón Feiral).
–11.30 horas: Cualificación da colleita 2013 da Denominación de Orixe Monterrei (Colexio Padres Mercedarios).
–14.00 a 16.00 horas: Peche do Pavillón Feiral.
–17.00 a 20 horas: Obradoiros de animais recortables, gorros e bolboretas (Pavillón Feiral).
–18.00 horas: V Torneo de Fútbol de Veteranos (Complexo deportivo A Granxa).
–19.00 horas: Exhibicións e obradoiros de baile e acrosport (Pavillón Feiral).
–22.00 horas: Peche do Pavillón Feiral.
–00.00 horas: Actuación nocturna de América en Concerto (Prazas García Barbón e Maior).
Domingo 06 de abril de 2014
–10.00 horas: Apertura do Pavillón Feiral. Entrada gratuíta.
–10.00 a 14.00 e de 16.00 a 21.00 horas: “Pequelázaro” Ludoteca -espazo infantil atendido por monitoras, xogos infantís durante todo o fin de semana- (Pavillón Feiral).
–10.00 a 14.00 horas: Obradoiros de cadros e maquillaxe infantil (Pavillón Feiral).
–11.30 horas: Procesión de San Lázaro e misa na Igrexa Parroquial, acompañada pola Banda de Música de Bousés.
–14.00 a 16.00 horas: Peche do Pavillón Feiral.
–18.00 horas: Actuación do Cuarteto Lapsus Gaita (Pavillón Feiral).
–18.15 horas: Actuación vespertina da orquestra Ledicia (Prazas García Barbón e Maior).
–19.00 horas: Actuación grupo tradicional Chimpanapalla de Vilardevós (Pavillón Feiral).
–20.00 horas: Actuación do Cuarteto Lapsus Gaita (Pavillón Feiral).
–19.30 a 21 horas: Obradoiros de cociña infantil, maquillaxe facial con aerógrafo e tatuaxes, coches e flores (Pavillón Feiral).
–21.00 horas: Peche do Pavillón Feiral.
Ademais, desde hoxe e ata o 03 de maio, a Sala de Exposicións acolle a mostra Punto e á parte de Xosé Rivada.
Por outra banda, a Asociación de Hostaleiros da Comarca de Monterrei (AECOM), en colaboración co Concello de Verín, co obxectivo de seguir promocionando os produtos tradicionais da comarca promove a quinta edición ‘Exaltación de Bacallau e Cabrito’. Unha iniciativa asentada na realización de menús específicos, durante as dúas xornadas da Feira do Lázaro, que inclúen bacallau e cabrito, por un prezo que oscila entre os 15 e 21 euros nos seguintes restaurantes: O Augueiro, Lugano, O Castelo, O Candil, San Roque, Brasil, Gallego, Casa Rural A Cortiña e Parador de Turismo de Verín.
Este evento está organizado polo Concello de Verín e patrocinado por: Eurocidade Chaves-Verín, AECT; Plan de Competitividade Puertas de Galicia, Inorde, Deputación Provincial, Xunta de Galicia, Gadis, Cabreiroá, Construcciones Hnos. Carrajo, D.O. Monterrei, Saroni, Socitransa, Parador de Turismo de Verín, Pirotecnia Xaraiva, La Caixa, Caja Rural de Zamora, Estradas Galegas SL, Espina & Delfín, Rótulos Losada, MRW, Esinor, AEVER-CCU Verín e AEHCOM.











