publicidade hoxe

Probas locais de Maside e Mondoñedo do programa “xogade” de duatlón escolar

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesMasideMondoñedo
A-
A+

O 12 de abril (a partir das 16:00 horas) celebraranse as probas locais de Maside e Mondoñedo do programa “Xogade” de Duatlón Escolar. Nestas probas, clasificatorias para o provincial, están inscritos máis de 120 deportistas. Tamén estaba prevista a proba de Poio, que foi suspendida polo servizo de Deportes de Pontevedra.

A proba de Mondoñedo ten como punto de saída, boxes e meta a rúa de Vilalba, mentres que na de Maside será na Alameda. As distancias son diferentes segundo a categoría. Desta forma, en benxamín as e os deportistas correrán 500 metros, farán 2 quilómetros en bicicleta e correrán 250 metros; en alevín as distancias son de 1 quilómetro (carreira), 4 quilómetros de bici e 500 metros de carreira a pe; en infantil 1,5 quilómetros de carreira, 6 quilómetros de bicicleta e 750 metros de carreira e, por último, en cadete son 2 quilómetros de carreira a pe, 8 quilómetros de bicicleta 1 quilómetro de carreira.

O programa está formado por sete probas locais que son clasificatorias para as provinciais, de onde sairán os participantes na final galega. Clasifican para a provincial os 25 primeiros clasificados de cada categoría (masculino e feminino), ademais dos dous primeiros equipos por categoría e sexo. “Xogade” está desenvolvido pola Secretaría Xeral para o Deporte, en colaboración coa FEGATRI.

10 de abril de 2014 | 19:06 • Sen comentarios

Comentarios pechados.