Primeiras actividades xeoturisticas dentro do programa ‘Lugo de pedra en pedra’
A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, presentou un novo programa turístico-cultural que se desenvolverá entre o sábado 5 de abril e o 27 de setembro de 2014 e terán un carácter gratuito denominado Lugo de pedra en pedra.
Trátase dun proxecto de xeoturismo co que ven dá resposta as novas sensibilidades que se están manexando en materia turística a nivel internacional, ademais de ser unha experiencia enriquecedora para os propios lucenses, pois transmitirá interesantes e sorprendentes coñecementos sobre a xeodiversidade do noso municipio, tanto do ámbito urbano como do rural, segundo explicou a responsable da área de Cultura.
Carmen Basadre manifestou que “se trata de abordar un enfoque moi novidoso para fundamentar un novo programa de actividades que está esquecido e ten que ver coa xeoloxía”.
As actividades propostas combinan contidos didácticos con saídas de campo para a observación directa e rutas guiadas pola cidade e os arredores. O obxecto do programa vai ser o descubrimento das rocas, os fósiles, os minerais, as estruturas xeolóxicas e os paisaxes que conforman a xeodiversidade de Lugo. O sistema de inscrición establecerase a través do Servizo 010 e a Oficina Municipal de Turismo.











