Primeira reunión da mesa de contratación do desdobramento da avenida de Vigo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+

O Concello de Pontevedra reuniu esta mañá a mesa de contratación para a construcción do desdobramento da avenida de Vigo. Nesta primeira reunión abriuse o sobre A, de documentación administrativa, e os integrantes da mesa comprobaron que todas as empresas presentaron a documentación correctamente.

Mañá está previsto que se volva a reunir a mesa de contratación para abrir o sobre B, onde están as propostas constructivas das empresas, que pasarán aos servizos técnicos para seren valorados.

Unha vez que os técnicos valoren as propostas das empresas, volverase a reunir a mesa para abrir o sobre C, coa oferta económica das compañías.

10 de abril de 2014 | 20:11 • Sen comentarios

Comentarios pechados.