Preto dun centenar de persoas acudiron ao festival benéfico “Martiño Estamos Contigo” na Guarda
O pasado, venres 4 de Abril, levouse a cabo no Centro Cultural da Guarda o festival benéfico no que colabora o Concello da Guarda e que ten como protagonista a Martiño.
Martiño é un neno guardés, que con tan só 6 anos sufre unha das chamadas “enfermidades raras”, o que que lle impide facer unha vida normal.
Centos de persoas acudiron a este acto solidario, que foi presentado polo párroco da guarda, Jesús García Villadonga, e que contou coas actuacións musicais do grupo Antorcha, Mª José Baz, o Coro Cantabile, o Cuarteto de Clarinetes da Banda Infantil da Guarda, Xerock e o Grupo Folk Loreira.
Ademais das actuacións musicais, proxectouse un vídeo con imaxes de Martiño, no que puidemos ver, como destacou Julia sobrino, “a unha nai volcada co seu fillo”.











