Preto de 900 persoas visitaron a Torre da Homenaxe de Monforte durante a Semana Santa
A Torre da Homenaxe foi visitada por 881 persoas durante os catro días festivos da Semana Santa, entre o xoves e o domingo.
O xoves foron 209 persoas as que se achegaron ata a Torre, o venres 338, o sábado 225 e o domingo 109 persoas.
A Torre da Homenaxe, referente turístico da cidade, pode visitarse os sábados, domingos e festivos en horario matinal e vespertino. O horario de visita é de 11:00 a 13:00 horas pola mañás e de 16:00 a 18:30 horas pola tarde. O prezo da entrada para acceder a este monumento é de 1,55 euros por persoa, realizándose descontos para grupos con máis de 20 integrantes.
O Concello tamén ofrece a oportunidade de visitar a Torre fóra destes días e horarios, para o cal resulta necesario formar un grupo de máis de 10 persoas e solicitar cita para a visita chamando ó teléfono do Concello (982-40-25-01).
Lembramos que, ademais de coñecer o propio edificio histórico, na Torre da Homenaxe pódese ver unha exposición permanente que nos adentra no mundo medieval e nos achega á vida destes séculos.
A exposición fai un percorrido pola Idade Media, os seus costumes, estamentos sociais, procesos históricos e protagonistas, nun tempo no que Monforte de Lemos ocupou un papel de enorme relevancia na historia de Galicia.
Dende a delegación de Turismo estímase que a visita á Torre da Homenaxe realízase nun tempo aproximado de entre 20 e 30 minutos, polo que se recomenda iniciar a mesma media hora antes do horario de peche.











