publicidade hoxe

Preto de 800 veciños de Vilagarcía, Sanxenxo e O Grove poderán acceder á internet co plan de banda larga da Xunta

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO GroveSanxenxoVilagarcía de Arousa
A-
A+

Preto de oitocentos veciños de Vilagracía, Sanxenxo e O Grove poderán acceder á Internet de calidade trala conclusión nestes concellos, por parte de Telefónica e dentro do Plan de banda Larga da Xunta de Galicia, dos traballos de despregamento da tecnoloxía UMTS-3G.

Os núcleos de poboación beneficiados no despregue son os de O Pereiro, O Areeiro, O Lago e O Sordido en Vilagarcía, Montalvo e Miraflores, en Sanxenxo e Campos en O Grove . En todos eles poderase acceder á Internet con velocidades de 7 megas. Será unha oferta de completo Hogar Dixital, pois Telefónica subministrará unha base wifi á que se poden conectar vías inalámbrica distintos dispositivos como o ordenador, o móbil ou a tableta.

A tecnoloxía empregada por Telefónica é a UTMS-3G na banda de 900 Mhz., con grande capacidade de propagación en zonas rurais orográficamente complexas. Deste xeito, ademais de poder contratar o acceso á Rede, no entorno dos devanditos núcleos de poboación mellorará sensiblemente, ou activarase por vez primeira, a cobertura de datos en mobilidade.

O despregamento en Vilagarcía, Sanxenxo e O Grove forma parte das actuacións do Plan de Banda Larga da Xunta para dotar de cobertura a todos os galegos en 2015. Esta acción, adxudicada a Telefónica en setembro de 2011, ten como obxectivo facilitar o acceso á Rede de 11.300 novos núcleos de poboación galegos ubicados en zonas de Galicia de especial complexidade orográfica, e nos que viven 250.000 persoas.

Máis do 97% dos galegos con acceso a Internet grazas ao Plan

O Plan de Banda Larga permitiu o acceso á Internet a máis de 710.000 galegos que carecían de cobertura en 2010. Grazas aos despregamentos do Plan a porcentaxe de poboación con cobertura pasou do 71% en 2009 ao 97% a día de hoxe.

A posta en marcha destas iniciativas está a conseguir que Galicia reduza a fenda interna entre as zonas rurais e urbanas. En 2010 a diferenza media na dispoñibilidade de acceso á banda larga entre as provincias do interior e as do eixo atlántico era do 20%, e grazas ao plan esta porcentaxe diminuiu en 2012 ata un 3,5%.

22 de abril de 2014 | 11:38 • Sen comentarios

Comentarios pechados.