Preto de 200 persoas participarán nun xantar colaboración para apoiar ao piloto estradense Alfonsito Vázquez

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Estrada
A-
A+

cartel-xantar-colaboracion-alfonsito-vazquez-millanO restaurante “El Emigrante” será testemuña este sábado 12 de abril, ás 14.00 h., dun xantar colaboración de apoio ao piloto estradense Alfonsito Vázquez Millán que disputará esta tempada o Campionato Galego e Portugués de Velocidade.

Á cita está previsto que asistan preto de 200 persoas que xa confirmaron a súa participación despois de adquirir as entradas a un prezo de 22 euros por persoa que, ademais de colaborar economicamente co deportista, degustarán un completo menú a base de aperitivos, parrillada mixta, patacas, pan, viño, postre, café e chupito.

11 de abril de 2014 | 16:07 • Sen comentarios

Comentarios pechados.