Preséntase no Carballiño o libro “O Polbo e a súa cociña”
A libraría Escolma do Carballiño convidou á escritora Matilde Felpeto Lagoa para que realizase a presentación do seu libro “O Polbo e a súa cociña”, este próximo xoves, 24 de abril, na vila do Arenteiro, máis en concreto no restaurante-pulpería a Fuchela, a partir das 20:00 horas.
Na presentación participará tamén Manuel Bragado, director de Xerais, editorial que publicou o libro de Matilde Felpeto. Durante a mesma a autora explicará todo o que ela aprendeu sobre a cociña deste cefalópodo en Galicia, e algunhas curiosidades sobre este prato tradicional galego que ten no Carballiño o seu capital mundial.











