Preséntase en Teo a guía para o descenso enerxético
O Concello de Teo recibe este luns aos representantes da Asociación Véspera de Nada para presentar a Guía para o descenso enerxético, un traballo sobre as transformacións sociais que están en marcha e que van supoñer a fin da era do abundancia e o crecemento. O acto será na Casa do Concello o luns 28 ás 12:00 horas.
Teo colaborou na edición deste libro no que se ofrece nun conxunto de recomendacións acerca do que pode facer cada particular para ir mudando no terreo da economía, do consumo enerxético, do transporte ou da alimentación para construír unha Galicia cun futuro mellor despois do petróleo.
A Asociación Véspera de nada por unha Galicia sen petróleo nacen no 2008 e segundo explican “faino coa intención de tender pontes entre todos aqueles colectivos, iniciativa se persoas que busca nun futuro para a nos aterra nun contexto ben achegado de escaseza enerxética”.











