Preséntase en Soutomaior a Rías Baixas Bike Race

Presentación da proba deportiva
Durante a Semana Santa os montes do sur de Galicia serán escenario da segunda edición do Rías Baixas Bike Race, unha proba de BTT que se disputará entre os Concellos de Soutomaior, ponte Caldelas e Redondela e que prevé reunir douscentos bikers -chegadas a maioría de fóra de Galicia- para tomar parte nunha proba que trata de xuntar a parte deportiva coa do ocio e a turística.
Máis de cento cincuenta quilómetros repartidos en tres días esperan aos preto de douscentos ciclistas que formalizaron a súa inscrición na segunda edición do Rías Baixas Bike Race que discorrerá por diferentes montes do sur de Pontevedra durante a Semana Santa.
O Alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, estivo presente no acto xunto co Alcalde de Pontecaldelas e o Concelleiro de deportes de Redondela.
A etapa que transcorre polo Concello de Soutomaior ten os seguintes horarios:
Día Venres 18 de abril – lugar de saída: Peirao de Arcade.
08:30-09:30 Retirada de números.
09:50 Configuración grella de saída.
10:00 Saída proba. 13:30 Entrega de trofeos.











