publicidade hoxe

Presentación dos 23 Premios Irmandade do Libro en Rianxo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRianxo
A-
A+

Na localidade coruñesa de Rianxo, a Federación de Librarías de Galicia celebrou unha rolda de prensa para a presentación dos 23 Premios Irmandade do Libro. Asistiron o alcalde da localidade, Adolfo Muíños, a presidenta dos libreiros, Pilar Rodríguez Álvarez, o vicepresidente Xosé Antón Pedreira Mirás e o Xefe Territorial Provincial da Consellería de Cultura, Indalecio Cabana. Neste acto, fíxose público o nome da gañadora na modalidade de Autora. A gañadora na modalidade de Autor / Autora, foi a escritora ourensá CHUS PATO.

O xurado considerou a súa impecable traxectoria literaria, a singularidade e calidade da súa obra poética, a súa proxección universal, as colaboracións en revistas especializadas, ademais do seu traballo en publicacións colectivas, charlas e conferencias. Os restantes premiados nas outras seis modalidades, decidiranse na última reunión do xurado que terá lugar en Rianxo o vindeiro 5 de abril, data na que se entregarán estes recoñecidos premios do mundo do libro.

O acto de entrega dos mesmos terá lugar no Audoitorio da localidade coruñesa. Asistirán, entre outras personalidades, o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, o Director Xeral de Cultura, o Alcalde de Rianxo e diversos representantes de institucións provinciais, asociacións culturais e do mundo do libro, cunha ampla participación de libreiros de toda Galicia.

3 de abril de 2014 | 19:26 • Sen comentarios

Comentarios pechados.