Presentación do VII Concurso de Tapas en Fene

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFene
A-
A+

Hoxe dentro do evento da I Feira de segunda Man e Troco que reuniu máis de 70 postos presentouse presentouse o VII CONCURSO DE TAPAS CONCELLO DE FENE.

En total en 2014 participarán 23 locais, dos cales o xurado decidiu que 12 se encadran na modalidade de tapa tradicional e 11 na de tapa creativa (como novidade este ano elixiu o xurado que tipo de tapa era a de cada local pois ás veces prestábase a confusión)

Dos locais participantes 9 son da parroquia de Fene, 8 da parroquia de Perlío, 4 de San Valentín, un de Magalofes e outro de Maniños.

O certame celebrarase entre o venres 9 de maio e o domingo 8 de xuño, sendo por tanto cinco os fins de semana  do evento e en horario de 20:00 a 22:00 o venres, 13:00 a 15:00 e 20:00 a 22:00 os sábados e 13:00 a 15:00 os domingos. Son horarios mínimos podendo o local aumentar ese horario de referencia.

Os premios aos que poden optar os clientes que selen os seus “fenerrutas” en todos os locais son unha viaxe a Roma, Londres ou París para dúas persoas en réxime de aloxamento e almorzo (voos e traslados incluídos), dous premios dun fin de semana cada un para dúas persoas nun SPA a elixir dentro dunha rede de máis de cen de España, unha estancia para dúas persoas en Adegas Vionta-Abariño e un abono dun ano para unha persoa nun ximnasio de Fene. Este ano auméntase a importancia dos premios.

Para os que vaian probando a tapa en cada establecemento e selen a tarejeta aspiran a un dos bonos da Asociación de Comercio”O Cruceiro”, un pequeno electrodoméstico, un lote de artigos de perfumaría ou estoxos de produtos de Adegas Vionta.

Este ano a votación popular terá que votar á mellor tapa tradicional e a mellor creativa xa que tanto no premio do xurado como no popular haberá premios por separado.

27 de abril de 2014 | 19:09 • Sen comentarios

Comentarios pechados.