Prazas libres para tres das actividades ofertadas pola concellería de Benestar Social de Monforte

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMonforte de Lemos
A-
A+

A concellería de Benestar Social do concello de Monforte informa que hai prazas libres en tres das ofertas do Programa de Actividades Socioculturais e de Envellecemento Activo.

A concellería abre un novo prazo de inscrición para aquelas actividades que non completaron a totalidade de prazas ofertadas e que son as que seguen:

-Bailes do Mundo: 3 prazas libres

-Cerámica: 1 praza libre

-Memoria: 9 prazas libres

O novo prazo de inscrición iníciase o próximo luns día 7 e remata o mércores día 9 de abril. As persoas interesadas deberán formalizar a súa inscrición nas oficinas do Rexistro Municipal.

As actividades diríxense ó colectivo de persoas maiores de 60 anos e teñen como obxectivo fundamental favorecer o envellecemento activo. Levaranse a cabo durante os meses de abril, maio e xuño, e teñen carácter gratuíto.

As outras cinco actividades incluídas neste Programa cubriron a totalidade das prazas dispoñibles e contan con persoas nas respectivas listas de espera, persoas que lograrán praza no caso de producirse alguna baixa e sempre por rigorosa orde de solicitude. Tres destas listaxes rexistraron variacións, xa que algunhas persoas que obtiveron praza comunicaron a renuncia á mesma no prazo estipulado nas bases e, por conseguinte, as citadas prazas foron cubertas polas persoas mellor situadas nas listas de espera.

No caso de que a persoa que participe nalgunha das actividades acumule tres faltas sen xustificar, producirase a súa baixa e perda de dereitos, ocupando a praza outra persoa que figure na lista de espera.

Para máis información, as persoas interesadas poden dirixirse ós Servizos Sociais Comunitarios Básicos, no edificio da Praza de Abastos, Rúa Ricardo Quiroga s/n, teléfono 982 41 65 41.

3 de abril de 2014 | 18:16 • Sen comentarios

Comentarios pechados.