publicidade hoxe

Posta en marcha da implantación do plan de emerxencia exterior da química Foresa de Caldas de Reis

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCaldas de ReisLocal PortadaPontevedra
A-
A+
Cores Tourís na reunión  sobre o plan de emerxencia de Foresa

Cores Tourís na reunión sobre o plan de emerxencia de Foresa

O director xeral de Emerxencias, Santiago Villanueva, e o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, presidiron esta mañá, na Delegación Territorial, a primeira reunión para a posta en marcha do plan de emerxencia exterior da química Foresa.

Neste acto, co que se pon en marcha a implantación de dito plan, estiveron presentes os alcaldes dos concellos de Caldas e Portas, Juan Manuel Rey e Roberto Vázquez, a quen se deu a coñecer o plan de emerxencia exterior, xa que ambos municipios poderían verse afectados en caso de accidente.

O plan foi aprobado en setembro do ano pasado e a súa implantación contempla diversas fases, a primeira das cales, de carácter informativo, foi a celebrada hoxe na Delegación Territorial.

A partir de agora elaboraranse os manuais operativos así como os plans de actuación municipal. “Deste xeito, é necesario que os concellos redacten e implanten o seu propio plan de actuación municipal para risco de accidente con afecciones ao exterior”, explicou Villanueva, “de xeito que poidan dar resposta inmediata en relación á protección da poboación en caso de accidente”.

Ambos concellos, pola súa banda, xa trasladaron a designación dos técnicos municipais que terán que traballar en colaboración coa administración autonómica para a implantación deste plan.

Posteriormente, instalaranse os sistemas de aviso á poboación, que consistirán, basicamente, en sirenas de alarma.

Tamén se informou aos alcaldes de ambos municipios da necesidade de informar á poboación sobre este plan e sobre os sistemas de aviso. Para elo, levaranse a cabo campañas informativas para que os veciños do entorno coñezan que existe un risco na zona, pero “que con sinxelas medidas de autoprotección estarán protexidos”, engadiu o director xeral. Os concellos serán os encargados de determinar o público ao que se dirixirán as charlas e de organizar ás reunións informativas.

Finalmente, antes do verán levarase a cabo un simulacro de activación do plan, “para garantir que toda a información aportada chegou correctamente á poboación e que todos os dispositivos de emerxencia funcionan correctamente”, rematou Santiago Villanueva.

14 de abril de 2014 | 13:43 • Sen comentarios

Comentarios pechados.