Poio contará con 13 maios tras pechar o prazo de inscrición

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPoio
A-
A+

Pechado xa o prazo de inscrición, serán 13 os maios que concorrerán mañá á Festa dos Maios organizado pola Concellaría de Cultura do Concello de Poio. No concurso, que dará comezo ás 11 h. na Praza do Mosteiro de San Xoán de Poio, participarán os maios Boureante, Chupipandi – Vilariño, CEIP Espedregada, Fontenla, Laretas, Ludomaio, Mare Podium, Pequecheiro, Pimpín, Revaleira e Ronsel, e actuarán sen participar no concurso os maios dos máis cativos, os das escolas infantís de Saíñas e Tarrío – Samieira.

Todos os maios recibirán 150 € e dúas roscas por participar, e entre os maios que entren a concurso repartiranse os 1º, 2º e 3º premios nas categorías de maio, coroa, copla, actuación, barco galego tradicional e mellor conxunto.

Pola tarde, serán dez os maios que acudan a Combarro, organizado pola Asociación Ateneo Corredoira. Ás 17:30 os maios estarán xa na Praza de Chousa, e trala actuación do grupo de gaitas de Vides Novas dará comezo a actuación dos maios.

A festa dos maios é unha das celebracións máis antigas da nosa cultura popular, e tamén unha das que contan con máis arraigo no noso municipio, que se conserva e medra cada ano grazas á dedicación, ao traballo e o saber facer dos colectivos e asociacións participantes. Ademais de festexar o comezo da primavera, é unha festa de unión e convivencia onde colaboran maiores, mozos e cativos, pasando a sabedoría popular de xeración en xeración e conservando así unha das nosas tradicións máis fermosas.

30 de abril de 2014 | 19:50 • Sen comentarios

Comentarios pechados.