Plastisábados-Hamma Beads en Poio
Dentro do programa Plastisábados( monográficos de manualidades adicados a unha técnica distinta en cada ocasión, a razón dun por mes) que organiza a concellaría de Xuventude a través da OMIX, ofértase para o´sábado 26 de abril o taller de HAMMA BEADS.Os hamma beads son pequenas contas cilíndricas de plástico, que serven para realizar diversas creacións, dende figuras, chaveiros, colgantes, aneis, posavasos, marcadores…..de posibilidades case ilimitadas en función da imaxinación da persoa que as emprega.Existen hamma beads de varios tamañós e nunha ampla gama de cores.
O coste do taller é de 12€ e os materiais están icluidos.
CURSO DE FOTOGRAFÍA PARA VIAXAR
A dita concellaría oferta tamén un curso de FOTOGRAFÍA PARA VIAXAR que está programado para o sábado 12 de abril, de 9.00 a 14.00 e de 16.00 a 21.00 h, de 10 horas de duración e cun coste de 50€/curso.Vai dirixido a tódalas persoas, sen límite de idade, que queiran tratar temas como. Técnicas de composición e tomas, aprender a mirar, búsqueda do lugar e medición da luz, elección da profundidade de campo, o retrato nas bviaxes, o equipo necesario para viaxar…..
O lugar de impartición será a Casa da Mocidade, en Besada











