publicidade hoxe

Piñor pon en marcha ‘Buscarede’

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPiñor
A-
A+

O Concello de Piñor informa de que, a partir do luns 7 de abril poñerase en marcha a actividade BUSCAREDE, dentro do proxecto de voluntariado xuvenil INTEGRA II. Esta iniciativa consiste na apertura da aula de internet municipal, situada no concello vello, para que toda persoa en situación de desemprego poda empregar a rede para a procura de emprego mediante as web especializadas en ofertas laborais, elaborar o seu CV, envialo ás empresas… A aula contará cunha persoa que, de forma voluntaria, axudará e apoiará ós usuario/as durante o proceso.

O horario habitual da aula será luns, mércores e venres de 10:00h a 13:00h. A maiores, ata o 30 de maio tamén permanecerá aberta os martes e xoves de 18:00h a 20:00h. A partir do  mes de xuño permanecerá pechada ás tardes pero abrirá de luns a venres no horario de mañá habitual.

4 de abril de 2014 | 17:27 • Sen comentarios

Comentarios pechados.