Penasagudas-Monte celebra un ano máis as festas de San Isidoro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaXove
A-
A+

Un ano máis a Comisión de Festas de Monte, formada por membros da Asociación Cruz de Loureiro de San Isidoro de Monte, organiza as FESTAS PATRONAIS DA PARROQUIA EN HONRA A SAN ISIDORO os vindeiros 26 E 27 de ABRIL, con arranxo ao seguinte programa:

SÁBADO,  26  DE ABRIL:

-13:00 Horas.- Misa Solemne na Igrexa Parroquial e Procesión en Honra a San Isidoro.

-14:00 horas.- Sesión Vermú con “LEMBRANZA”.

-15:00 horas.- Xantar nunha carpa totalmente pechada. Para inscribirse previamente no xantar hai que chamar ao tfno: 646647619.

-17:00 horas.- Verbena con: “LEMBRANZA” e “FENIX”. Para esta verbena, a Comisión ten preparados 3 trofeos para as tres mellores parellas de baile.

DOMINGO, 27  DE ABRIL:

-10:00 horas.-  Ruta de Sendeirismo “Penasagudas á Cruz do Pao da Vella”, organizada pola Asociación Cruz de Loureiro. Para inscribirse previamente na Ruta e para apuntarse ao posterior xantar, hai que chamar ao tfno: 982 16 93 49.

-14:00 horas.- Sesión Vermú con “LEMBRANZA”.

-17:00 horas.- Despois de xantar,  baile e verbena con “LEMBRANZA”.

A Comisión de Festas dispón dunha CARPA na cal se realizarán os bailes dos dous dias da festa.

A Comisión quere agradecerlle a tódalas institucións, empresas e particulares que dalgunha maneira axudaron, a súa colaboración coa nosas Festas Patronais.

21 de abril de 2014 | 12:49 • Sen comentarios

Comentarios pechados.