Péchase o segundo proceso de adxudicación da Feira de Cambre

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCambre
A-
A+

O goberno local de Cambre pecha o segundo proceso de adxudicación de postos para a Feira de Cambre. Segundo a concelleira de Promoción Económica, Marta Vázquez Golpe, adxudicáronse 10 postos oficialmente dos 16 que se licitaron. Houbo un total de 33 solicitudes dentro do prazo oficial de solicitude. A pesar de que se adxudicaron case todos os postos houbo seis que pola súa tipoloxía quedaron vacantes e  que se adxudicarán de novo a próxima semana coa lista de espera que manexan os técnicos de Promoción Económica. Esta lista de espera formarana os feirantes que agora se quedaron sen posto. Incluso algúns feirantes que xa eran adxudicatarios dun posto poxaron por outro nesta segunda licitación e cambiaron o seu posto, polo que o seu posto actual ha quedado libre. Vázquez Golpe asegura que antes do 2 maio, data da próxima feira, os 16 postos estarán ocupados e con permiso para exercer a venda ambulante en Cambre. “Quero agradecer aos técnicos do departamento que dirixo e aos propios feirantes o traballo realizado para regular esta feira. Se que foi un proceso novo neste municipio, pero era necesario”, apuntou a edil popular.

O proceso foi de adxudicación directa por puntuación, e neste caso non foi necesario o sorteo xa que os adxudicatarios que estaban empatados en puntuación, e que solicitaban os mesmos postos, puideron elixir en segunda e terceira instancia a súa preferencia. Dos 16 postos licitados, un é de alimentación, seis de téxtil, tres de complementos de fogar, tres sen determinar que non poden dedicarse ao téxtil, unha zapatería, un de agricultura ecolóxica e un de produción agraria. Vázquez Golpe, sinala que cumpre co seu compromiso de regular a feira de Cambre e de asegurar aos vendedores que contaban con antigüidade no mercadillo un posto preferente.

Estou moi satisfeita dos procesos de licitación da Feira de Cambre e é que por primeira vez nesta feira centenaria existe un mercado regulado. Ese era o meu primeiro obxectivo con respecto á feira, o segundo será sen dúbida a dinamización mediante campañas comerciais deste mercado co fin de facelo aínda máis competitivo”, sinala Vázquez.

23 de abril de 2014 | 18:32 • Sen comentarios

Comentarios pechados.