Péchanse con éxito os obradoiros de Prevención de Adiccións no IES David Buján de Cambre
A Concellaría de Educación, dirixida por Mª Jesús González Roel promoveu a realización de diversos Obradoiros de Prevención de Adiccións no IES “David Bujan “de Sigrás. Os obxectivos fundamentais dos obradoiros foron a promoción dunha actitude crítica e responsable nos mozos e mozas sobre o consumo de drogas así como facilitarlles a información necesaria para que teñan unha maior percepción do risco en relación ao consumo de drogas. Os obradoiros impartíronse por ADAFAD Asociación de Axuda a Familias de Drogodependentes dende o 10.03.2014 ao 10.04.2014, realizándose 5 sesións por grupo nos cursos de PCPI, 3º ESO e 1 charla informativa dirixida a alumnado de 4º da ESO. En total participaron un total de 147 alumn@s. Hoxe mesmo a edil popular asistiu ao peche dos obradoiros e mantivo unha charla cos estudantes que participaron nestes talleres.











