Pavel Pumprla e Ben Dewar, do Rio Natura Monbus, visitan o “V Campus You” de minibasket

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesSantiago de Compostela
A-
A+
Pavel  Pumprla e Ben Dewar na visita ao V Campus You

Pavel Pumprla e Ben Dewar na visita ao V Campus You

Os xogadores do Rio Natura Monbus Pavel Pumprla e Ben Dewar visitaron por sorpresa, aos participantes da quinta edición do Campus You de minibasket, organizado polo C.B. Cluny, club pertencente ao colexio San José de Cluny. Os escolares, nenos de entre 6 e 12 anos, gozaron dunha intensa xornada de baloncesto acompañados polos seus ídolos e aproveitaron para pedirlles fotos e autógrafos nas súas camisetas.

Pavel Pumprla, habitual convidado as accións do C.B. Cluny, manisfestó a súa gratitude ao colexio por contar con el un ano máis, así como a satisfacción de “ver que se celebran este tipo de actividades centradas no baloncesto para que os nenos poidan elixir este deporte e gozalo desde pequenos”. Pola súa banda, o beirado Ben Dewar chanceou cos nenos participantes sobre a dura competencia que serían para el mesmo dentro duns anos. Tamén animou a Jesu Souto e José Manuel Castelao, director do campus e secretario do C.B. Cluny, a seguir apoiando ao baloncesto local con actividades tan populares como esta.

O campus tamén recibiu a visita do adestrador axudante do Rio Natura Monbus, Gonzalo Rodríguez, que aproveitou para impartir unha pequena clase táctica antes de presenciar as finais dos xogos e a entrega de diplomas. Durante este tres días de actividade que finalizan hoxe, os pequenos deportistas non só dedicáronse ao baloncesto, senón que o combinaron con outras disciplinas como a natación, o kárate ou o fútbol sala.

16 de abril de 2014 | 12:32 • Sen comentarios

Comentarios pechados.