Pato Joyero acada o premio ao mellor stand da Feira do Lázaro 2014

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVerín
A-
A+
Entrega do premio ao mellor stand da Feira do Lázaro

Entrega do premio ao mellor stand da Feira do Lázaro

O Concello de Verín convocou, por sétimo ano consecutivo, o premio ao mellor stand participante na Feira do Lázaro e Certame Gastronómico ‘Vila de Verín’, que se celebrou durante este fin de semana no Pavillón Municipal de Deportes da localidade.

O obxectivo deste premio era recoñecer o esforzo creativo de cada participante para conseguir unha montaxe atractiva para a exposición e venda dos produtos. O xurado cualificador composto por Manuela Sánchez -pintora-, Álvaro Ferreira -artesán- e María Pilar Salgado -pintora- valorou aspectos como: creatividade, orixinalidade no deseño, presentación do stand e dos produtos, selección de materiais empregados e disposición de espazos. Nesta ocasión este premio recaeu en Pato Joyero que recibiu un diploma acreditativo de mans do alcalde de Verín, Juan Manuel Jiménez, membros do xurado e o director do Parador de Verín, David Lorenzo; así como unha  noite en réxime de aloxamento e almorzo, para dúas persoas, no Parador de Puebla de Sanabria -outorgado polo establecemento verinense desta cadea hoteleira-.

 Nesta edición da Feira do Lázaro e Certame Gastronómico ‘Vila de Verín’ participaron un total de 70 stands, procedentes de varios puntos da xeografía española e do Norte de Portugal, que ofertaron a veciños e visitantes artigos confeccionados en pel ou madeira, licores, aceites, mel, queixos, doces artesanais, produtos de fumeiro, xabóns artesanais, encaixe de bolillos, pintura ou bisutería, entre outros.

Este evento está organizado polo Concello de Verín e patrocinado por: Eurocidade Chaves-Verín, Plan de Competitividade Puertas de Galicia, Inorde, Deputación Provincial, Xunta de Galicia, Gadis, Cabreiroá, Construcciones Hnos. Carrajo, D.O. Monterrei, Saroni, Socitransa, Parador de Turismo de Verín, Pirotecnia Xaraiva, La Caixa, Caja Rural de Zamora, Estradas Galegas SL, Espina & Delfín, Rótulos Losada, MRW, Esinor, AEVER-CCU Verín e AEHCOM.

7 de abril de 2014 | 17:33 • Sen comentarios

Comentarios pechados.