Pasan a disposición xudicial os dous detidos polo altercado co rei dos xitanos en Tomiño

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaTomiño
A-
A+
Europa Press

Os dous detidos en relación co altercado rexistrado o martes na casa do coñecido como rei dos xitanos en Galicia, Olegario Giménez, un garda civil e un axente forestal, pasarán a disposición xudicial na tarde deste mércores.

O primeiro foi o garda civil arrestado, que chegou pasadas as 16,30 horas o Xulgado de Instrución Número 2 de Tui (Pontevedra) para comparecer ante o xuíz.

Mentres, o outro detido polos feitos ocorridos o martes, un axente forestal, permanece en dependencias do Instituto Armado próximas ao xulgado.

Ás portas da sede xudicial de Tui congregáronse numerosos familiares e achegados do afectado e a súa familia, que tamén se atopan na zona.

30 de abril de 2014 | 17:09 • Sen comentarios

Comentarios pechados.