Participación Cidadá de Mos oferta unha excursión a Guimarães para os maiores do municipio
A concellería de Participación Cidadá mosense, dirixido pola edil Kely Monzón, organiza unha excursión para os maiores do municipio á cidade portuguesa de Guimarães. Esta excursión está programada para o 26 de abril e o prezo por participante é de 20 euros.
O prezo inclúe o autocar, almorzo en restaurante concertado, guía acompañante durante toda a viaxe, guía en Portugal e seguro de viaxe.
Enmarcada dentro do programa Tempo de Excursións, a edil Kely Monzón sinala como “obxectivo final que as persoas con menos posibilidades de ocio teñan a posibilidade de gozar do tempo de ocio viaxando con xente do seu entorno, así como coñecer novos lugares, novas culturas, etc.”. Tendo en conta a demanda existente, decidiuse organizar unha excursión á Guimarães, cidade declarada Patrimonio da Humanidade pola Unesco.
Visitarase o casco histórico de orixe medieval, que a día de hoxe segue conservando as rúas e prazas empedradas que creceron ó pé do Castelo onde Alfonso Enríquez foi coroado rei de Portugal. A continuación farase unha visita ó Castelo e recorrerase a zona monumental. Disporase de tempo libre para pasear polas rúas da cidade, e opcionalmente os participantes poderán visitar ó interior do Palacio dos Duques de Bragança,
Os obxectivos desta actividade son impulsar a participación social activa e a integración das persoas na comunidade, previr a soidade, impulsar e dinamizar as relacións sociais, facilitar espazos e recursos de ocio para os maiores, fomentar o coidado corporal e mental, favorecer o coñecemento de lugares limítrofes a nosa contorna e promover o turismo como ferramenta de lecer, aprendizaxe e socialización.
Os beneficiarios da mesma son todas as persoas empadroadas no Concello de Mos maiores de 65 anos e maiores de 55 en condición de pensionistas. As persoas interesadas en participar nesta actividade deberán inscribirse no Rexistro Xeral do Concello de Mos, ou a través do correo electrónico:omix@concellomos.es. A folla de inscrición poderase recoller na OMIX, no Rexistro Xeral do Concello de Mos, ou ben descargándoa da web do Concello:www.mos.es.
O prazo de inscrición abrirase mañá, venres 4 de abril, e rematará o martes 22 de abril,e para a inscrición será imprescindible presentar unha copia da solicitude asinada.











