Palas de Rei inaugura a súa primeira área de autocaravanas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPalas de Rei
A-
A+

O Concello de Palas de Rei inaugura este sábado, 12 de abril, a primeira Área de autocaravanas do municipio de Palas de Rei. O acto inaugural, contará coa presencia do alcalde Palense e de membros da corporación municipal, así como de representantes da Asociación Galega de Autocaravanas.

A Área de Autocaravanas, está ubicada na zona coñecida como Ós Chacotes, en Palas de Rei (moi preto do Centro de Saúde de Palas), ao carón do Camiño de Santiago. De feito, unha das finalidades que pretende o Concello de Palas de Rei coa creación desta Área de Autocaravanas, e que serva de  apoio o  Camiño de Santiago, tendo en conta, por este municipio transcorren dúas das súas rutas (Primitiva e Francesa), así como, tamén, que serva para promover o autocaravaning en toda Europa.

O Concello de Palas de Rei, invertiu perto de 6.000 €uros na creación desta nova infraestructura, coa idea de que repercuta positivamente na hostelería e no sector turístico en xeral do municipio palense.

Dende febreiro do 2013, alcalde de Palas de Rei, Pablo Taboada, ven mantendo contactos diversos co vicepresidente da Asociación Galega de Autocaravanas, Sindo López Lopéz e co representante do Centro Caravaning “Yakart”, así como, socio e colaborador de dita Asociación, Antonio Jul para a participación de Palas de Rei en actividades diversas, relativas o eido do autocaravaning, como por exemplo, a que tivo lugar o pasado mes de agosto de 2013, donde esta localidade participou, o 7 de agosto de 2013, nunha etapa da primeira ruta de autocaravanas  Camiño de Santiago, que trouxeron a Palas de Rei 200 persoas, que viaxaban en 63 autocaravanas, procedentes de distintas partes de España.

Os actos da inauguración da área de autocaravanas en Palas de Rei, dan comenzó ás 12:00h do sábado 12 de abril, na área ubicada na zona dos Chacotes. Pola tarde, está previsto que os Caravanistas que asístan, visiten os exteriores do Castelo de Pambre e o Paseo do Colesterol.

Neste venres 11 de abril, o alcalde, Pablo Taboada e o Primeiro Tenente de alcalde, Amando Sande recibiron xa ós primeiros Caravanistas que participarán nos actos de inauguración da área de autocaravanas de mañá.

11 de abril de 2014 | 18:41 • Sen comentarios

Comentarios pechados.