Ovidio Rodeiro visita aos 25 voluntarios que participan nun curso de formación en Santiago

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSantiago de Compostela
A-
A+
Ovidio Rodeiro na visita ao curso

Ovidio Rodeiro na visita ao curso

O director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, visitou aos 25 voluntarios que están a participar nun curso de formación, previo ao proxecto de Servizo Voluntario Europeo que desenvolverán nos vindeiros meses en diferentes comunidades autónomas.A acción formativa, organizada pola Consellería de Traballo e Benestar, remata hoxe tras unha semana de duración. Tivo como finalidade presentar aos mozos e mozas europeos o país de acollida, facilitándolles a súa adaptación ao novo contexto social e cultural e proporcionándolles habilidades comunicativas e lingüísticas, incluídos aspectos de aprendizaxe intercultural. Os 25 voluntarios proceden de 12 paises: Italia, Francia, Ucraína, Austria, Romanía, Alemaña, Bulgaria, Estonia, Turquía, Macedonia, Dinamarca e Croacia. Mañá sairán cara ás localidades onde realizarán o seu proxecto de voluntariado que terá unha duración entre 2 e 12 meses. Será en Castela-León, Cantabria, Castela-A Macha, Madrid, A Rioxa, Navarra e Galicia.

25 de abril de 2014 | 12:38 • Sen comentarios

Comentarios pechados.