Ourense celebrará o Día da Terra cunha xornada divulgativa sobre a agricultura ecolóxica no Parque de Montealegre
A Concellería de Medio Ambiente do Concello de Ourense organiza unha xornada sobre Agricultura ecolóxica, que terá lugar mañá, martes, 22 de abril, de 16:00 a 19:00 horas no Parque de Montealegre. Gratuíta, e dirixida ao público en xeral, ten como finalidade achegar aos participantes os principios básicos da agricultura ecolóxica, fomentar o intercambio de experiencias, e profundizar en aspectos como a importancia de utilizar sementes apropiadas, o xeito de plantar ou a elaboración de caldos de uso común en agricultura ecolóxicas. A Xornada está organizada con motivo, da celebración, mañá, martes, do Día Mundial da Terra.
A actividade será impartida por Xosé Méndez Álvarez, Doutor en Botánica, con ampla experiencia no eido da agricultura urbana. Comezará no centro de visitantes do Parque de Montealegre, cunha pequena charla sobre preparación do solo, principais pragas dos cultivos de horta, elaboración de caldos minerais como abonos e fertilizantes e elaboración de caldos minerais utilizados como bioinsecticidas
A continuación, nunha parte práctica, amosaranse os caldos vexetais, que se poderán levar para a casa os asistentes, ademais de utilizalos in situ nalgunha especie do parque botánico.
As persoas interesadas en participar poden obter máis información e incribirse na Concellería de Medio Ambiente, no teléfono 988 388135. Tamen se poden anotar in situ ao comezo da actividade, en Montealegre.
Solicitude de hortas en Montealegre
Precisamente durante o presente mes de abril, está aberto na Concellería de Medio Ambiente o prazo para solicitar unha das 53 hortas que porá en marcha o Concello no Parque de Montealegre. Un proxecto co que se pretende fomentar accións que repercutan na mellora e benestar da cidadanía, á vez que incidir na protección do entorno, as prácticas medioambientais e o beneficio da saúde. Co frecuente abandono e perda dos modos de produción agrícola enraizados na nosa cultura, coas hortas municipais preténdese apostar por esa pervivencia, así como pola integración interxeracional. Das 53 hortas, 5 serán destinadas a persoas con mobilidade reducida; e outras tantas serán cedidas á Universidade para levar a cabo proxectos de investigación.











