Ourense celebra este sábado o Día do Florista
Enmarcado nos actos de promoción que AFLOR (Asociación de Floristas de Ourense) pon en marcha para publicitar a asociación e as empresas que a conforman, este sábado día 12 de abril celebrarase, en conmemoración do Día do Florista, unha actividade na rúa do Paseo -á altura do edificio do antigo Banco de España-, que consistirá nunha exposición de arte floral e a venda de flores á cidadanía.
Na actividade, na que colabora a Concellería de Comercio do Concello de Ourense, aportaralle cercanía cos cidadáns, engadindo un matiz solidario. Así, a recadación adquirida mediante a venda de flores será destinada ao Banco de Alimentos de Ourense. O stand estará aberto ininterrumpidanete entre as 10 e as 20 h. チs 19 h se darán cita todos os floristas asociados para realizar unha fotografía conxunta. A partir das 22 h, levarán a cabo unha cena de confraternización no Restaurante As Caballerizas.
AFLOR
A Asociación de Floristas de Ourense é unha asociación sen ánimo de lucro constituída para a defensa e promoción dos intereses dos seus asociados, conformado por 32 floristerías da provincia. Anualmente, a asociación deseña un programa de actividades cun doble obxectivo: organizar acción para os seus asociados, e actos para promocionar a asociación e as empresas que a conforman.











