Os viños da D.O. Ribeiro triunfan no Enofestival 2014

Presenza dos viños do Ribeiro no Enofestival
Máis de 1.500 persoas visitaron o pasado sábado o enoFestival 2014, onde a D.O. Ribeiro se presentou ao público madrileño a través de seis adegas da Denominación. Regresou cunha inmensa satisfacción ante a enorme acollida por parte dos asistentes ao festival de música independente e viño branco da D.O. Ribeiro durante as 12 horas que durou o evento.
O público gozou probando as diversas marcas presentadas como Viña Mein 2012, Viña Costeira 2013, Versatus 2012, The Flower and the Bee Treixadura 2012, Terra do Castelo Treixadura 2012 de Gran Alanís 2013. Así mesmo gozaron cas sorpresas que o C.R.D.O. Ribeiro preparou, como os “xeo luminosos”, os agasallos directos coas consumicións, o concurso Miss e Mister Ribeiro, o sorteo dunha viaxe de fin de semana á Denominación de Orixe… Unha xornada chea de actividade musical, vinícola e sorprendente. Por elo, disfrutáronse os viños durante as 12 horas de concertos dos grupos Mujeres, Disco Las Palmeras!, Julio de la Rosa, The Winemakers, entre outros.
Por outra banda, durante a xornada, o C.R.D.O. Ribeiro, de man do seu director técnico, Pablo Vidal, levou a cabo una cata-harmonías entre os vinos brancos da D.O. con distintas elaboracións da empresa madrileña Pasta Fresca. Por elo, presentáronse as seguintes combinacións Terra do Castelo Selección 2011 con sorrentino de escalivada, Gran Alanís 2013 con rabiolis de pementos de padrón con cheddar, Versatus 2012 con rabiolón de bacalao confitado con porro e ceboliño, Coto de Gomariz 2012 con sorrentino de lascas de polbo e mousse de cachelos, Viña Mein barrica 2011 con mezzaluna de foie con trufa e por último, Colección Costeira Treixadura barrica 2012 con rabiolis de Torta del Casar.
O C.R.D.O. Ribeiro valora como éxito rotundo a participación neste evento tan diferenciador, que achega o viño e la cultura vitivinícola ao sector mozo nun entorno relaxado e amigable. O mundo do viño non ten por que ser complexo, o máis importante é gozar dun bo viño na mellor compañía.











