Os talleres sectoriais da RdI de Arteixo inaugúranse con dúas actividades sobre a innovación no sector agroalimentario e servizos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaArteixo
A-
A+

Mañá dará comezo o ciclo de 50 talleres de prospectiva e innovación organizados pola Rede de Innovación de Arteixo dirixidos a pemes e emprendedores do municipio e, en xeral, a calquera persoa interesada nas temáticas tratadas, tanto do municipio como de municipios limítrofes. Os relatorios, todas con carácter aberto, divídense en 7 itinerarios para facilitar tanto o acceso como o seu aproveitamento e conseguir así un dos seus obxectivos principais: achegar as claves para a mellora competitiva e o fomento da cultura innovadora ao tecido empresarial de Arteixo.

Os itinerarios especializados están relacionados cos sectores produtivos con máis presenza en Arteixo como son comercio e servizos, industria e manufactura, téxtil e confección, sector agroalimentario e construción. A maiores, preséntanse dúas áreas transversais como son eficiencia enerxética e sustentabilidade e ferramentas e solucións tecnolóxicas.

Mañá, xoves 10, o ciclo de talleres comeza con dúas actividades no Centro Arteixo Innovación a partir das 17.25 horas. Dentro do itinerario de innovación no sector agroalimentario, Carlos Fernández, responsable do Programa de Emprendimiento da Fundación Juana de Veiga dirixirá o relatorio “Pasado, presente e futuro no sector agroalimentario” (17:25 – 19:00 horas).

A continuación (20.25 – 22.00 horas), e xa no marco do sector comercio e servizos profesionais, organizarase un brainstorming workshop baixo o título “Si a túa idea de negocio é boa, franquíciala! Vantaxes dos sistemas de franquía para ampliar a túa rede de vendas” coordinado polos avogados Ignacio González Rivera, Javier Sánchez Sanjurjo e Sara Fernández Ceballos. A actividade preséntase como unha oportunidade para que pemes e emprendedores identifiquen aspectos crave que melloren o día a día do seu negocio coa axuda de expertos ou dean os primeiros pasos para o crecemento da súa empresa.

Prazo para consultorías personalizadas

Este ciclo de tallares sectoriais, xunto coas consultorías personalizadas, son os dous servizos gratuítos ofrecidos polo programa da Rede de Innovación de Arteixo a pemes e emprendedores do municipio. Por outra banda, até o martes 15 de abril permanece aberto o prazo para solicitar a súa participación nas asesorías personalizadas e gratuítas.

Durante as consultorías, que constan de 80 horas de duración, identificaranse aspectos crave que melloren a marcha de cada empresa e estableceranse propostas de mellora e aproveitamento de fortalezas. Na fase final, cada empresa executará un plan de acción, que igual que nos pasos anteriores estará tutorizado polo persoal técnico da Rede de Innovación

 

9 de abril de 2014 | 18:05 • Sen comentarios

Comentarios pechados.