Os produtos da Ribeira Sacra regresan ós Mercados de Monforte
A Praza de Abastos de Monforte acollerá esta fin de semana, días 3 e 4 de abril, un Mercado dedicado ós produtos recollidos, elaborados ou envasados na Ribeira Sacra.
Un total de sete produtores, que ocuparán oito postos de venda, ofrecerán embutidos de caza e de porco celta e ibérico, queixos, xamóns, iogures, verduras, lacón, bicas e roscas, todos eles produtos co selo da Ribeira Sacra.
O Mercado da Ribeira Sacra permanecerá aberto o sábado día 3 dende as 10:00 ata as 14:00 h. e de 17:00 a 20:00 h., mentres que o domingo día 4 estará aberto soamente pola mañá, de 10:00 a 14:00 h.
Estes son os sete participantes no vindeiro Mercado de produtos da Ribeira Sacra:
-Casa Neiras: embutidos tradicionais, cachuchas, lacón, touciño entrefebrado, roxóns…
-Roscas Mª Carmen: roscas típicas de Millán.
-Caza e Ibéricos: embutidos de caza, porco ibérico e conservas.
-Bicas Adán: bicas típicas e de novos sabores, como os de froitos vermellos, gin tonic ou mojito.
-Porco celta: xamón de porco celta criado no Incio, alimentándose no exterior durante 15 meses.
-Terras de Mª Castaña: verduras, froita, plantóns…
-Delicias da terra: iogures, queixos, salchichas e produtos típicos dos Balcáns e Grecia.











