publicidade hoxe

Os membros do cámping Caravaning Club Galicia-Vigo escolleron A Cañiza para celebrar a acampada do socio 2.014

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Cañiza
A-
A+

O evento tivo lugar este fin de semana nas instalacións do cámping “Carballo do Marco” no que participaron 41 instalacións e máis de 120 persoas

Este ano o CCC Galicia – Vigo repetiu a súa Acampada do Socio na Cañiza. E fíxoo na primavera, nun fin de semana un pouco chuvioso pero que non impediu que as máis de 100 persoas que participaron nesta Acampada pasásenllo en grande. Noutras ocasións o CCC de Vigo xa escollera este cámping pola súa localización e pola beleza da contorna. A última vez en setembro de 2.012.

O programa desenvolveuse segundo o previsto e durante os días 27 e 28 comezaron a chegar os participantes. Unha vez recepcionados, estes inscribíronse para participar nos distintos xogos sociais abertos.  Petanca para adultos, para mozos de entre 12 e 17 anos e para pequenos de 6 a 11 anos, ademais de tute, dominou, parchís e rummikub.

A Acampada inaugurouse oficialmente o sábado ás 13.00. Despois das intervencións da Xunta Directiva do Club, tomou a palabra o Tenente de Alcalde Tomás Dá Silva para agradecer a todos os socios que un ano máis elixisen as instalacións de “Carballo do Marco” para celebrar a súa Acampada Anual. Desde o Concello reiterouse a colaboración municipal para anos vindeiros. A continuación o Club ofreceu un petisco degustación dos produtos da zona, onde non faltou o xamón, gran abanderado da gastronomía cañicense. Tamén houbo empanada e tortilla de xamón e outros produtos de porco como salchichones, chourizos e lombo que na Cañiza alcanzan o mellor grao de curación ao posuír a localidade o mellor microclima de Galicia para este mester. Despois de repousar, ás 5 da tarde comezaron os xogos sociais e despois da cea, tamén ofrecida polo Club, música disco e Karaoke. E o día 30, domingo, clausurouse a Acampada coa entrega de trofeos.

O Cámping Caravaning Club de Galicia-Vigo, é unha asociación sen ánimo de lucro, fundada en 1980 co obxectivo de agrupar a todos os campistas que o desexen, especialmente da provincia de Pontevedra, asumindo a súa representación ante os organismos oficiais, desenvolvendo lazos de amizade entre eles, fomentando a difusión e práctica da acampada e velando pola protección do medio ambiente e o amor á natureza que son a base desta afección.

1 de abril de 2014 | 16:33 • Sen comentarios

Comentarios pechados.