Os máis pequenos de Santiago divírtense na Semana Santa coas actividades de conciliación

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSantiago de Compostela
A-
A+

A concelleira de Educación, María Castelao, visitou esta mañá os rapaces que están a participar nas actividades no CEIP As Fontiñas. Un programa educativo, de promoción do ocio e o tempo de lecer no tempo de vacacións. Neste programa, que promove a concellería de Educación durante os días 14, 15,16 e 21 de abril, están a participar un total de 42 nenos e nenas de educación infantil e primaria de Santiago de Compostela.

Vinte e dous escolares acolléronse ao servizo de comedor (de 14 ás 16 horas), doce ao servizo de madrugadores con almorzo (de 7:45 a 9 horas) e os oito restantes só participan nas actividades.

Trátase dunha iniciativa onde as familias compostelás dispoñen dun espazo para conciliar o seu horario laboral co ocio e a educación dos máis pequenos.

15 de abril de 2014 | 16:40 • Sen comentarios

Comentarios pechados.