Os Ingleses enfróntase á súa historia co soño de lograr o ascenso
Este Domingo Os Ingleses enfróntase á súa historia e buscará dar a sorpresa e dar outro paso cara a unha meta que hai uns anos era impensable. O ascenso a División de Honra B é un soño pero o que esta claro é que Os Ingleses non van desaproveitar esta oportunidade e a súa intención pase o que pase é dalo todo ante a súa afección. Será ás 12:00 horas en Fontecarmoa.
O Salvador B, rival de Os Ingleses, é toda unha incógnita, tamén invicto na liga de Castela e León suponse un complicado adversario. Os informes que manexa o corpo técnico falan dun equipo compacto, que basee o seu xogo nunha gran defensa cunha dianteira poderosa.
Non se poden ter referencias claras pero por nome e o feito de que se trate do filial dun equipo de División de Honra B os valisoletanos son favoritos nesta eliminatoria.
O equipo de David Losada cos deberes xa feitos e sen presión espera dar a sorpresa e buscar un marcador favorable de face ao partido de volta.
David Losada “ O traballo xa esta feito, esta eliminatoria é un premio e ímolo a gozar, o persoal esta moi motivado e con ganas de dar a badalada, somos conscientes da dificultade do rival pero tamén de que si temos un bo día vai ser moi difícil gañarnos. Pase o que pase estou seguro de que o domingo veremos un bo partido de Rugby.”
O equipo espera que tras o gran número de espectadores que case encheron o estadio de Fontecarmoa o día da final os vilagarciáns se mobilicen ante un gran equipo e a pesar da dificultade do día se pasen polo estadio a animar aos xogadores. Nesta liña Jairo Torres, o capitán do equipo enviou unha emotiva carta aos socios, afeccionados, deportistas e vilagarciáns en xeral.
Contido da carta
Estimadoos socios, afición y arosanos:
Este Domingo más que nunca sois el alma de “los ingleses”. Vosotros sois el aliento y el ánimo que necesitamos en el campo de batalla. Sois el pulmón y la fuerza que nos evitará dar un balón por perdido, porque sois un jugador mas, apoyando cada carrera y cada placaje, luchando juntos por un bien común: “la VICTORIA”, que sin vosotros no podremos conseguir.
Hemos sido los elegidos para disputar esta batalla tan esperada y no dudéis ni un solo segundo de que cada uno de nosotros dará sus vidas por este noble deporte.
Disfrutad este partido como lo que es, un momento especial por el que hemos trabajado durante años y vividlo como se merece. Saltad, gritad y vibrad con cada jugada como si fuese el último partido de nuestras vidas. Pase lo que pase el Domingo nosotros aplaudiremos, a las gradas, a nuestro jugador número 16.
INGLESES MAS QUE NUNCA OS NECESITAMOS.











