Os escolares mosenses aprenden a mediar en caso de conflito

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMos
A-
A+
Charlas de mediación cos escolares de Mos

Charlas de mediación cos escolares de Mos

A concelleira de Educación e Participación Cidadá, Kely Monzón, informou hoxe de que esta semana tense realizado a actividade “Mediación, a riqueza do conflito”, no IES (Instituto de Ensinanza Secundaria) de Mos en cada unha das cinco aulas de primeiro curso da ESO (Ensinanza Secundaria Obrigatoria), por separado; abarcando un total 122 destinatarios/as.

Sobre a iniciativa a edil responsable da mesma declaraba esta mañá que “a miúdo pensamos no conflito dun xeito negativo, como algo que debemos evitar e do que debemos fuxir. Máis aínda cando se fala de disputas nos centros educativos, nos que son moitos os casos nos que os alumnos chegan a agredirse de forma violenta verbal e fisicamente, podendo desencadear en situacións moi indesexables que non se deberían de dar. Sen embargo do que non nos decatamos é de que o conflito pode ser unha oportunidade para o enriquecemento persoal, onde aprender dos outros, procurando entender as diferentes perspectivas, respectando as opinións de tódalas partes de xeito que todas saian beneficiadas. trátase de unha oportunidade para que xurda un punto de encontro entre partes que parecían opostas. O conflito pode ser moi enriquecedor si se resolve do xeito adecuado cos recursos e ferramentas pertinentes”.

Para poder sacar proveito dunha situación de confrontamento é necesario capacitarse das habilidades precisas e recoñecer as técnicas e habilidaes que se deben desenrolar e adquirir, potenciando aquelas calidades de comunicación e comprensión e corrixindo aquelas que son prexudiciais. É por iso, que dende a concellería de Educación e Participación Cidadá se quixo ofertar a actividade titulada “Mediación, a riqueza do conflito”, para formar ós xoves mosenses nas bases da mediación como método para solventar un conflito traballando aquelas habilidades precisas.

Para todo isto, contouse coa colaboración, xunto coa educadora social da concellería, de María Alonso e Ádega Castro, ambas licenciadas en dereiro e cun mestrado en menores e outro en mediación e pertencentes a asociación de mediación Agadime, formada por un equipo multidisciplinar, tres abogadas e unha educadora e educador sociais.

Os obxectivos da actividade impartida ós/ás alumnos/as de primeiro da eso mosenses foron mellorar o xeito de resolver o conflito aportándolle unha connotación positiva, presentar o conflito como unha oportunidade para enriquecer perspectivas, traballar e desenvolver as habilidades sociais como base fundamental para unha boa relación cos demais, reflexionara  acerca dos valores que nos conducen a paz, traballar casos prácticos reais de primeira man para entender o alcance da mediación e non asumila como algo utópico, e dar a coñecer o procedemento nunha mediación e os pasos a seguir.

Os contidos tratados polos rapaces durante a xornada foron os procedementos a seguir para a mediación nun conflito, as habilidades sociais tales coma a escoita activa, a asertividade, a empatía e o respecto; e abordaron tamén casos prácticos durante un obradoiro de técnicas para a mediación.

25 de abril de 2014 | 18:30 • Sen comentarios

Comentarios pechados.