publicidade hoxe

Os desatres na Costa da Morte sométense a debate en Muxía

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMuxía
A-
A+

O vindeiro Venres, 11 de abril, ás 20:30, no salón do voluntariado . de Muxía, terá lugar unha mesa de debate na que se abordarán “Os desastres na Costa da Morte”, e no marco de dita mesa redonda, se presentará o libro “Lecturas sobre el desastre del Prestige: Contribuciones desde las Ciencias Sociales”, do que é editor o profesor Dr Ricardo García Mira da Universidade da Coruña.

A citada publicación supón a compilación da investigación levada a cabo por investigadores recoñecidos das universidades galegas como Xosé Luis Barreiro Rivas, Pablo Meira Cartea da Universidade de Santiago, Maria Dolores Garza Gil, Albino Prada, ou Maria xosé Vázquez da Universidade de Vigo, e Ricardo García Mira, Fernando gonzález Laxe, e Carlos Martínez Buján da Universidade da Coruña. Pero tamén profesores das Unviersidades de Texas, UNAM (Mexico), Surrey (Reino Unido), Barcelona, País Vasco, e outros centros de investigación.Todos eles comparten a abordaxe do impacto que tivo o desastre desde a perspectiva das ciencias sociais (psicoloxía social, socioloxía, educación, economía, dereito, comunicación…).

O presidente do instituto de estudios comarcais da Costa da Morte fará un percorrido polo significado dos desastres ao longo da Cosa da Morte, na medida en que esta parte do territorio galego xa acumula un considerable número de impactos de naufragios, tormentas, etc. derivados unhas veces de causas naturais, pero outras son consecuencias dos nosos estilos de vida .

Na mesa de debate  participarán:

Ricardo García Mira (Director da publicación e autor).
Profesor da Universidade da Coruña e Presidente do Instituto de Estudios e Investigación Psicosocial “Xoan Vicente Viqueira” (editorial que promove a publicacion)

Xosé María Lema Suárez
Presidente do Seminario de Estudios Comarcais da Costa da Morte

Félix Porto Serantes
Alcalde de Muxía.

Francisco González Trillo
Presidente da Asociación Neria

O acto está organizado pola Asociación Neria

10 de abril de 2014 | 19:37 • Sen comentarios

Comentarios pechados.