Os candidatos a auxiliar de Policía Local de Cangas realizan as probas físicas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCangas
A-
A+

Continúa o proceso de selección dos 5 auxiliares de Policía Local que o Concello de Cangas contratará durante os meses de verán para reforzar a seguridade veciñal.

En torno ás 10.00 horas desta mañá tiveron lugar no Estadio Municipal de Atletismo as probas físicas que os candidatos a estes postos deben superar para continuar participando no proceso selectivo.  Do total de 45 solicitudes rexistradas no concello no tempo e forma establecido polas bases da convocatoria, presentáronse ao test físico 38 persoas, 37 das cales o superaron.

As probas que tiveron que realizar os aspirantes consistiron, en primeiro lugar na medición de altura ( 1.60m no caso das mulleres e 1.65m no dos homes). A continuación tiveron lugar as probas de potencia e salto vertical e a de resistencia que consistiu  nunha carreira de 1.000 metros.

Todos aqueles/as que pasaron satisfactoriamente esta quenda deberán presentarse o vindeiro xoves día 24 de maio ás 11.00 horas no salón de plenos do concello para a realización da parte teórica que consistirá nun exame sobre o temario establecido nas bases, unha proba sobre coñecemento do termo municipal e a toponimia local e unha proba de galego á que poderán non presentarse aqueles que posúan o certificado Celga 3.

22 de abril de 2014 | 18:59 • Sen comentarios

Comentarios pechados.