Os alumnos dos cursos de “peixaría” e “auxiliar de almacén” de Ferrol visitan a lonxa de Cedeira e as instalacións de Pull & Bear
A Concellería de Emprego do Concello de Ferrol, que dirixe Martina Aneiros Barros, organiza visitas á empresas do alumnado que está a realizar dende o pasado mes de marzo os itinerarios formativos de “Peixaría” e “Actividades Auxiliares de Almacén” do proxecto “Ferrol Punto de Emprego II”. Así, no marco destes cursos de formación para a inserción laboral e como actividade complementaria, os participantes no curso de Peixaría realizaron na xornada do pasado venres unha visita á lonxa de Cedeira e asistiron a unha poxa; mentres que o alumnado de Auxiliar de almacén estiveron na nave que a empresa Pull & Bear ten polígono industrial de Río do Pozo.
A acción formativa de “Peixería”, cunha duración total de 410 horas, rematará no vindeiro mes de xuño. Este itinerario contempla un módulo de formación específica (140 horas), outro de práctica profesional titorizada en supermercados (240 horas) e un terceiro de formación transversal (30 horas).
Pola súa banda, a acción formativa “Actividades Auxiliares de almacén”, cunha duración total de 280 horas, finaliza no mes de maio. O itinerario contemplña 170 horas de formación específicam 90 horas de prácticas en empresas e outras 20 horas de formación transversal.
O proxecto do Concello de Ferrol, “Ferrol Punto de Emprego II”, financiado en parte polo Fondo Social Europeo, ten como obxectivo proporcionar aos beneficiarios unha cualificación profesional que lles permita acceder con mellores condicións de empregabilidade ao mercado laboral.











