Os alumnos do Luís Seoane participan nunha plantación de árbores na zona verde de Canide

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOleiros
A-
A+

Un grupo de 30 alumnos e alumnas de 3 anos de idade do colexio Luís Seoane participaron esta mañá nunha plantación de árbores nunha zona verde situada entre a rúa Gaza e a rúa Caracola, en Canide. Esta actividade organizada polo Concello de Oleiros estaba preparada para conmemorar o Día Mundial da Árbore, que se celebrou o 21 de marzo, pero a chuvia e o mal tempo foron retrasando esta tradicional celebración que finalmente tivo lugar esta mañá.

Os escolares, que estiveron acompañados por docentes, persoal municipal e membros da asociación de veciños San Cosme, plantaron 10 castiñeiros, 3 piñeiros do país e 4 pradairos. Todos os exemplares foron sementados e cultivados no viveiro municipal.

11 de abril de 2014 | 19:29 • Sen comentarios

Comentarios pechados.