Os alumnos do Ceip Riotorto recibiron a visita do Azkar Lugo

Visita do Azkar Lugo ao Ceip Riotorto
Na mañá deste martes, os xogadores do primeiro equipo do Azkar Lugo FS, Iago Rodríguez e Cuco, xunto co técnico, Diego Ríos, visitaron aos alumnos de 3 a 12 anos do colexio da localidade lucense do CEIP Riotorto. Así durante máis dunha hora os escolares puideron dialogar xunto aos membros do club alí presentes así como coñecer parte da historia do club tras unha breve introdución.
Trala intervención dos xogadores e o técnico, chegaron as preguntas dos alumnos quenes quixeron coñecer algo máis a preto da vida de todos eles, preguntando diferentes cuestións e así aprendendo a saber como é a vida dos deportistas de elite. Para finalizar houbo sorteo de agasallos entre os máis de 60 alumnos que asistiron á actividade, firma de autógrafos e unha gran foto de familia. O acto finalizaría cun partido entre os alumnos no cal os xogadores tamén quixeron participar.











