Oroso acolle este venres unha Gala Solidaria a favor das familias desfavorecidas do municipio

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOroso
A-
A+

O Concello de Oroso organiza este venres 25 de abril a primeira edición da Gala Solidaria a favor das familias desfavorecidas do municipio, que terá lugar na alameda de Góis a partir das 17:30 horas e que incluirá actuacións musicais, humor e xogos de animación para os máis pequenos. O concelleiro de Cultura, Antonio Leira, fai un convite a toda a veciñanza “para que disfruten coas actuacións dos distintos artistas, que colaborarán connosco de xeito totalmente solidario e de balde, ao tempo que poden achegar alimentos non perecedoiros ou produtos de limpeza e hixiene que despois faremos chegar ás familias máis desfavorecidas do noso municipio”.

A Gala Solidaria 2014 contará coa colaboración gratuíta dos humoristas Federico Pérez, Isi, Josito Porto e Lito Arzúa. Tamén incluirá as actuacións musicais dos profesores da Aula de Música de Oroso, de compoñentes da orquestra Olympus e de grupos como Alborada, Bahía Blanca, Zeltia e Radio Líder. Así mesmo, actuarán tamén os solistas Diana Puñal, Dani Ríos, María Chelo, Marcos Roca, Miguel Torres, Souto e Tania Veiras. Para os máis pequenos, a alameda de Góis acollerá xogos e inchables cortesía de Brétema Animación e Xandobela Xogos. Haberá carpa.

21 de abril de 2014 | 19:04 • Sen comentarios

Comentarios pechados.