Oleiros organiza o primeiro Trofeo de Ximnasia Rítmica

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesOleiros
A-
A+

O próximo sábado 5 de abril disputarase o I Trofeo de Ximnasia Rítmica Concello de Oleiros. A xornada terá lugar no pavillón municipal de Oleiros a partir das 16.00 horas, contará coa presenza de 12 clubs de ximnasia rítmica de Galicia. En total, máis de 150 ximnastas de categorías benxamín, alevín, infantil, cadete e sénior, daranse cita en Oleiros este sábado. 40 destas ximnastas farano na categoría de exhibición e 110 farano en competición, nas modalidades de mans libres, pelota, aro, corda e mazas.

O Concello de Oleiros organiza este trofeo coa inestimable colaboración do Club de Ximnasia Acordes de Oleiros. Rematada a competición ao redor das 20.00 horas, terá lugar a entrega de medallas ás primeiras clasificadas de cada categoría e un agasallo a todas as participantes.

1 de abril de 2014 | 16:39 • Sen comentarios

Comentarios pechados.